Friday 26 de April de 2024

O xerente do Consocio visita a Escola Infantil e o Centro de Día de Curtis


A escola infantil ten catro unidades e un máximo de 61 prazas
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou hoxe nunha visita á escola infantil e ao centro de día o concello de Curtis, acompañado polo alcalde do municipio Javier Caínzos Vázquez.

Na visita a escola infantil aproveitou para informar sobre a gratuidade das escolas infantís de titularidade autonómica para os segundos fillos e sucesivos que entrará en vigor a partir do 1 de abril de xeito automático nas escolas que xestiona a Xunta de Galicia. A escola infantil de Curtis pertence á rede autonómica a Galiña Azul e conta con catro unidades e un máximo de 61 prazas.

O centro de día entrou en funcionamento a finais do ano 2016 e pouco a pouco foi incorporando usuarios paulatinamente ata acadar os 25 na actualidade. Este centro que pertence á rede de centros de atención aos maiores da Xunta de Galicia presta unha atención terapéutica ás persoas maiores con dependencia ou risco de padecela, promovendo especialmente a súa autonomía persoal. Aínda que a maioría dos usuarios proceden do propio concello de Curtis, outros proceden de concellos da contorna deste municipio como Vilasantar, Oza-Cesuras, Mesía, Sobrado dos Monxes e Coirós.